Home / Portada / Carta Nacional Palestina (1964)

Carta Nacional Palestina (1964)

28 de maio de 1964
Adoptada o 28 de maio de 1964 polo primeiro Congreso da OLP
Fonte orixinal en inglés

⸻

INTRODUCIÓN

Nosotros, o pobo árabe palestino, que librou feroces e continuas batallas para salvagardar a súa patria, defender a súa dignidade e honra, e que ofreceu ao longo dos anos continuas caravanas de mártires inmortais, e que escribiu as páxinas máis nobles de sacrificio, entrega e xenerosidade.

Nosoutros, o pobo árabe palestino, que enfrontou ás forzas do mal, a inxustiza e a agresión, contra os que as forzas do sionismo internacional e o colonialismo conspiraron e traballaron para desprazalo, despoxalo da súa patria e os seus bens, profanaron o sagrao nela e que, a pesar de todo isto, se negou a debilitarse ou someterse.

Nosotros, o pobo árabe palestino, que cree na súa arabidade e no seu dereito a recuperar a súa patria, a realizar a súa liberdade e dignidade, e que decidiu reunir as súas forzas e mobilizar os seus esforzos e capacidades para continuar a súa loita e avanzar no camiño da guerra santa (al-yihad) ata alcanzar a victoria completa e final.

Nosoutros, o pobo árabe palestino, basándonos no noso dereito á autodefensa e á restauración total da nosa patria perdida –un dereito recoñecido polos pactos internacionais e as prácticas comúns–. incluíndo a Carta das Nacións Unidas– e na implementación dos principios dos dereitos humanos, e comprendendo as relacións políticas internacionais coas súas diversas ramificacións e dimensións, e considerando as experiencias pasadas en todo o que se refire ás causas da catástrofe e os medios para enfrontala,

E partindo da realidade árabe palestina, e polo honor do individuo palestino e o seu dereito a unha vida libre e digna,

E comprendendo a grave responsabilidade nacional que pesa sobre os nosos homes, por todo isto,

Nosoutros, o pobo árabe palestino, ditamos e declaramos esta Carta Nacional Palestina e xuramos realizala.

⸻

Artigo 1:

Palestina é unha patria árabe unida por fortes lazos nacionais árabes co resto dos países árabes, que en conxunto forman a gran patria árabe.

Artigo 2:

Palestina, coas súas fronteiras no momento do Mandato Británico, é unha unidade territorial indivisible.

Artigo 3:

O pobo árabe palestino ten o dereito lexítimo á súa patria e é unha parte inseparable da Nación Árabe. Comparte os sufrimentos e aspiracións da Nación Árabe e a súa loita pola liberdade, a soberanía, o progreso e a unidade.

Artigo 4:

O pobo de Palestina determina o seu destino cando complete a liberación da súa patria de acordo cos seus propios desexos e libre albedrío.

Artigo 5:

A personalidade palestina é unha característica permanente e xenuína que non desaparece. Transmítese de pais a fillos.

Artigo 6:

Son palestinos aqueles cidadáns árabes que vivían normalmente en Palestina ata 1947, xa sexa que permanecesen ou fosen expulsados. Todo fillo nacido dun pai árabe palestino despois desa data, xa sexa en Palestina ou fóra dela, é palestino.

Artigo 7:

Os xudíos de orixe palestino son considerados palestinos se están dispostos a vivir en paz e con lealdade en Palestina.

Artigo 8:

Educar á mocidade palestina nun espírito árabe e nacionalista é un deber nacional fundamental. Débense utilizar todos os medios de orientación, educación e ilustración para vincular á xuventude coa súa patria dun xeito profunda e espiritual que os unha constantemente e con firmeza.

Artigo 9:

As doutrinas ideolóxicas, sexan políticas, sociais ou económicas, non deben distraer ó pobo de Palestina do seu deber primordial de libera-la súa patria. Tódolos palestinos constitúen un fronte nacional único e traballan con tódolos seus sentimentos e potencialidades materiais para libera-la súa patria.

Artigo 10:

Os palestinos teñen tres lemas: Unidade Nacional, Mobilización Nacional e Liberación. Unha vez completada a liberación, o pobo de palestina elixirá para a súa vida pública o sistema político, económico ou social que desexe.

Artigo 11:

O pobo palestino cree firmemente na unidade árabe, e para desempeñar o seu papel na realización deste obxectivo debe, nesta etapa da súa loita, preservar a súa personalidade palestina e todos os seus compoñentes. Debe fortalece-la conciencia da súa existencia e posición, e opoñerse a calquera intento ou plan que poida debilitar ou desintegra-la súa personalidade.

Artigo 12:

A unidade árabe e a liberación de Palestina son dous obxectivos complementarios; cada un prepara a consecución do outro. A unidade árabe conduce á liberación de Palestina, e a liberación de Palestina conduce á unidade árabe. Traballar por ambos debe ir da man.

Artigo 13:

O destino da Nación Árabe e mesmo a esencia da existencia árabe están firmemente ligados ao destino da cuestión palestina. Deste vínculo sólido xorde o esforzo e a loita da Nación Árabe por liberar Palestina. O pobo de Palestina asume un papel de vangarda na consecución deste sagrado obxectivo nacional.

Artigo 14:

A liberación de Palestina, desde un punto de vista árabe, é un deber nacional. As súas responsabilidades recaen sobre toda a nación árabe, gobernos e pobos, estando os palestinos en primeira liña. Para este fin, a nación árabe debe mobilizar as súas potencialidades militares, espirituais e materiais; especificamente, debe brindar ao pobo árabe palestino todo o apoio posible e pór á súa disposición todas as oportunidades e medios que lle permitan desempeñar o seu papel na liberación da súa patria.

Artigo 15:

A liberación de Palestina, desde un punto de vista espiritual, prepara para a Terra Santa unha atmosfera de tranquilidade e paz, na cal todos os lugares sagrados serán salvagardados e a liberdade de culto e de visita estará garantida para todos, sen discriminación de raza, cor, lingua ou relixión. Para todo isto, o pobo palestino espera o apoio de todas as forzas espirituais do mundo.

Artigo 16:

A liberación de palestina, desde un punto de vista internacional, é un acto defensivo requirido polas esixencias da autodefensa segundo o establecido na Carta das Nacións Unidas. Por iso, o pobo de Palestina, desexoso de ser amigo de todas as nacións que aman a liberdade, a xustiza e a paz, espera o seu apoio para restablecer a situación lexítima en Palestina, establecer a paz e a seguridade no seu territorio e permitir ao seu pobo exercer a soberanía nacional e a liberdade.

Artigo 17:

A partición de Palestina, que tivo lugar en 1947, e o establecemento de Israel son ilegais, nulos e sen valor, independentemente do tempo transcorrido, porque foron contrarios á vontade do pobo palestino e ao seu dereito natural á súa patria, e constituíron unha violación dos principios básicos consagrados na Carta das Nacións Unidas, principalmente o dereito á autodeterminación.

Artigo 18:

A Declaración Balfour, o Sistema de Mandato Palestino e todo o que se superou neles considéranse nulos e sen valor. As reclamacións de vínculos históricos e espirituais entre os xudíos e palestina non concordan cos feitos da historia nin coas bases reais dun estado lexítimo. O xuísmo, por ser unha relixión divina, non é unha nacionalidade con existencia independente. Ademais, os xudíos non son un só pobo cunha personalidade independente, xa que son cidadáns dos seus respectivos estados.

Artigo 19:

O sionismo é un movemento colonialista na súa orixe, agresivo e expansionista no seu obxectivo, racista nas súas configuracións, e fascista nos seus medios e fins. Israel, na súa calidade de punta de lanza deste movemento destrutivo e como piar do colonialismo, é unha fonte permanente de tensión e axitación en Oriente Medio en particular e na comunidade internacional en xeral. Por iso, o pobo de Palestina merece o apoio e o sustento da comunidade de nacións.

Artigo 20:

As causas da paz e a seguridade e os requirimentos do dereito e a xustiza exixen de todas as nacións, para salvagardar as verdadeiras relacións entre os pobos e manter a lealdade dos cidadáns á súa patria, que consideren o sionismo un movemento ilegal e proscriban a súa presenza e actividades.

Artigo 21:

O pobo palestino cree nos principios de xustiza, liberdade, soberanía, autodeterminación, dignidade humana e o dereito dos pobos a practicar estes principios. Así mesmo, apoia todos os esforzos internacionais para lograr a paz sobre a base da xustiza e a cooperación internacional libre.

Artigo 22:

O pobo palestino cree na coexistencia pacífica sobre a base da existencia legal, pois non pode haber coexistencia coa agresión, nin pode haber paz coa ocupación e o colonialismo.

Artigo 23:

Para realiza-los obxectivos e principios desta Carta, a Organización para a Liberación de Palestina cumpre plenamente o seu papel de liberar palestina de acordo coa lei básica desta organización.

Artigo 24:

Esta Organización non exerce soberanía territorial ningunha sobre Cisjordania no Reino Hachemita de Xordania, sobre a Franxa de Gaza nin sobre a Área de Himmah. As súas actividades desenvolveranse a nivel nacional popular nos campos liberacional, organizativo, político e financeiro.

Artigo 25:

Esta organización está a cargo do movemento do pobo palestino na súa loita por libera-la súa patria en tódolos asuntos liberacionais, organizativos e financeiros, e en tódalas demais necesidades da cuestión palestina nas esferas árabe e internacional.

Artigo 26:

A Organización de Liberación coopera con tódolos gobernos árabes, cada un segundo a súa capacidade, e non interfire nos asuntos internos de ningún estado árabe.

Artigo 27:

Esta organización terá a súa bandeira, xuramento e himno nacional. Todo isto se resolverá de acordo con regulamentos especiais.

Artigo 28:

A lei básica da Organización para a Liberación de Palestina xunta a esta Carta. Esta lei define a maneira de establece-la organización, os seus órganos, institucións, as especialidades de cada un de eles e tódalas funcións necesarias que se lle asignen de acordo con esta Carta.

Artigo 29:

Esta Carta non poderá ser emendada agás por unha maioría de dous terzos dos membros do Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina nunha sesión especial convocada para este propósito

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *